O SAREB confirmou que, tras quedar deserta a poxa xudicial, que a entidade está en proceso de converterse na propietaria oficial do edificio, un trámite que se completará cara a finais deste ano.
Chegado ese momento, ábrense varios escenarios, entre os que destaca a venda ao Concello para vivenda social, unha opción que a SAREB prioriza e facilita para fins habitacionais.
Alternativa matiza que o inmoble é un foco de inseguridade e insalubridade que afecta gravemente á veciñanza. E a única forma de rexenerar a zona e que o Concello tome a iniciativa para a súa adquisición para dar unha resposta eficaz ás familias vulnerables e á mocidade.
O grupo comprometese a continúar informando dos avances, asesorando áos antigos compradores para que poidan defender os seus dereitos ante a SAREB, impulsar no pleno partidas orzamentarias necesarias para acadar a titularidade pública para usos sociais.
Dende a oposición, seguimos traballando con firmeza e sentido común para mellorar Cangas. Como formación que cre nunha política útil e feita desde abaixo, non podemos permitir que edificios estratéxicos queden no esquecemento mentres a nosa mocidade non ten onde vivir.