Alternativa leva ás administracións as demandas veciñais de San Vicente, do Xalo e do resto de parroquias de Carral

A formación mantivo nas últimas semanas reunións nas distintas parroquias do Concello para recoller as demandas dos veciños, entre elas as da veciñanza de San Vicente e do Xalo.

Foron varias as demandas que trasladaron en cada unha das parroquias, e de todas elas a corporación loitará e dará traslado a Administración correspondente para que se busque solución.

Entre todas as demandas recollidas , un dos temas é a situación que está a sufrir a veciñanza do lugar de Taramuño (San Vicente de Vigo) que cada día que chove as vivendas ubicadas nas inmediacións inúndanse.

A situación en Taramuño afecta na estrada DP 2106 o seu paso pola parroquia e xa foi denunciada por Alternativa en moitas ocasións, e asimesmo reclamada directamente á Deputación. Pero, ante a falta de actuacións que dean unha solución definitiva, volverá a esixirse a través do pleno provincial para que se contraten as obras necesarias para solucionar o grave problema da veciñanza da zona.

 Por outro bando, na reunión mantida coa veciñanza da urbanización do Xalo trasladáronnos que seguen sen ter solución ao suministro de auga potable.

Esta semana Ángel García Seoane, Presidente de Alternativa dos Veciños e Deputado Provincial, desprazarase xunto con membros da formación de Carral para analizar posibles solucións entre distintas administracións. Posto que o deslinde que están a facer entre Carral e Cerceda non é a solución para a problemática no Xalo.

Comparte esta nova!