Alternativa invita á veciñanza a participar nunha asemblea en Bribes

O grupo municipal celebra unha xuntanza o vindeiro martes 24 ás 20 horas no Centro Social de Bribes.

Alternativa está a realizar xuntanzas veciñais nas diferentes parroquias co obxectivo de achegar as necesidades da cidadanía ao goberno local.

Esta iniciativa súmase ao espazo de atención directa á veciñanza todos os luns ás 19:30 horas nos locais municipais da rúa Río Barcés nº 7, na Barcala (antiga oficina de rexistro).

O obxectivo das actuacións é reforzar a comunicación directa coa veciñanza, facilitar información sobre a situación do Concello e, ao mesmo tempo, recoller as demandas de preocupacións cidadás para trasladalas ao goberno municipal e ás institucións correspondentes.

Comparte esta nova!