O Goberno de Alternativa inviste 2,5 millóns en políticas sociais para combater a crise nas familias

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

O Goberno de Alternativa inviste 2,5 millóns en políticas sociais para combater a crise nas familias

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

O coronavirus está a ocasionar unha grave crise económica e social da que o pobo de Oleiros non é alleo. Para afrontar esta adversa situación e garantir que ningunha familia quede desamparada, o Concello está a empregar todos os medios dos que dispón, investindo 2,5 millóns de euros neste 2020 en políticas sociais, que se verán incrementados no vindeiro ano ante a previsión de que a situación poida agravarse.

O Concello de Oleiros, igual que xa facía antes desta crise, está en contacto permanente con todas as familias en situación de vulnerabilidade atendendo de maneira personalizada e individualizada cada un dos casos. Neste momento son 349 as familias que se atopan nunha situación de emerxencia social no municipio, un cento máis que antes do mes de marzo.

O Concello está a axudar a todas estas persoas mediante a entrega de bonos de alimentos para acceder a produtos frescos; costeando integramente o comedor escolar dos nenos e nenas destas familias; entregando axudas para o pagamento do aluguer ou a factura da luz, a compra electrodomésticos e artigos imprescindibles no fogar, gafas ou dentista; asumindo os gastos de medicamentos; e repartindo os alimentos que se reciben periodicamente da Unión Europea (estanse a entregar 20.000 kg estes días). Ademais realízase tamén un importante investimento no Servizo de Axuda no Fogar, para a atención de persoas maiores e dependentes nos seus domicilios.

“Nós non imos andar pregonando a quen axudamos, nin quen ten problemas. Os que teñen que saber todas esas cousas son as persoas que o necesitan, as familias que perderon o traballo e non teñen ningún ingreso, as persoas maiores e dependentes con dificultades, os que sobreviven cunha RISGA, os que teñen fillos ou fillas con problemas, inmigrantes, persoas enfermas…. É dramático vivir determinadas situacións e non estamos por facer folclore con asuntos tan serios coma estes”, dixo o alcalde Ángel García Seoane.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!