Alternativa interesada pola situación do persoal do Concello de Cambre
Alternativa de Cambre dende a súa inclusión na corporación de Cambre trasladou a súa preocupación pola situación do persoal do Concello de Cambre.
Despois de máis de 5 anos e medio que leva gobernando Unión por Cambre debería de haber respostas para os traballadores e traballadoras do Concello de Cambre prestando os seus servizos para veciños e veciñas.
Hai departamentos que non teñen persoal suficiente, persoas que traballan no Concello nas que non se adapta a realidade das súas tarefas coa súa ficha na “Relación de postos de traballo”, algúns casos funcionarios de categoría máis baixa asumindo tarefas de categorias superiores sen a conseguinte contraprestración económica. Non se convocan prazas novas, solo interinaxes.
Estas, entre outras cousas, fan que os servizos para a veciñanza se vexan directamente afectados.
O goberno municipal trasladou a este grupo municipal en varias ocasións que están a estudiar o tema, sen precisar ningún tipo de información. É por isto que Alternativa esixirá prazos para poñer solución a este problema que leva anos enquistandose.