Alternativa insta ao goberno local a convocar axudas para distintos colectivos

No pleno de onte Alternativa instou ao goberno local a poñer en funcionamento un maior apoio económico aos distintos colectivos do Concello.

O Concello contará no vindeiro 2026 cun alto remanente de tesourería grazas á boa xestión do grupo de Alternativa dos Veciños.

Esta situación motiva que Alternativa dos Veciños solicite as seguintes medidas de apoio ao tecido veciñal de Carral:

1. Incremento das axudas ás asociacións, comisions de festas e entidades deportivas solicitando a duplicidade do financiamento.

2. Apoio ás familias, duplicando as axudas en material escolar, así como creación de bases reguladoras para becas a estudantes de todos os niveis educativos.

3. Axudas ao tecido económico local, coa elaboración e execución de axudas para autónomos, microempresas e pequenas empresas, así como poñer en funcionamento programas de apoio ao comercio local e de proximidade.

4. Axudas á natalidade, en clara aposta polo futuro de Carral.

5. Campamentos gratuítos no 2026, que as actividades de conciliación para os periodos vacacionais de verán e Nadal organizados polo Concello sexan gratuítos para todos os nenos e nenas empadroados en Carral

6. Reforzo dos Servizos Sociais, incrementando as partidas económicas para garantir un servizo máis eficaz, humano e próximo á cidadanía

Comparte esta nova!