Alternativa insiste novamente no descoido das instalacións recreativas en Santa María de Vigo
Alternativa leva dende febreiro insistindo na demanda veciñal na que esixen maior atención para a contorna e as instalacións recreativas da contorna.
Veciños e veciñas alertaron que o estado de degradación do parque infantil precisaba unha solución, a próxima chegada do outono continuará a empeorar a situación.
Na queixa tamén se reflicte, entre outras cousas a escasa limpeza aos accesos á pista deportiva que esvaran, a presencia dun furado e numerosas fochancas nun dos accesos para vehículos, a presenza duns ancoraxes da carpa alí instalada que poden resultar un perigo para as persoas usuarias da pista deportiva.
Alternativa volve a persistir para que estas peticións veciñais sexan recollidas polo goberno municipal.