[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
Alternativa insiste no pleno da Deputación na urxencia de ampliar a estrada Guísamo-Guiliade, en San Paio
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
O deputado provincial de Alternativa dos Veciños , Ángel García Seoane, presentou un rogo no pleno da Deputación para que se axilice a ocupación da muralla da finca que impide a ampliación da estrada provincial que conecta Guísamo con Guiliade, na zona de San Paio. O propietario, non residente en Bergondo, está a impedir a tramitación do expediente de expropiación con todo tipo de argucias, amparándose nunha suposta protección urbanística.
Alternativa dos Veciños solicita que se actúe o máis rápido posible ante o grave risco existente para a seguridade viaria neste punto, onde por desgraza un ciclista perdeu a vida o pasado ano. Está obra é un clamor no municipio de Bergondo.
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]