A formación considera que esta situación impide á veciñanza dispoñer dunha información completa e actualizada sobre o que acontece no municipio e sobre as decisións que se adoptan no máximo órgano de representación local.
O horario dos plenos, fixado o último xoves de cada mes ás 12,00 da mañá, tampouco favorece a asistencia cidadá, nin presencial nin telemática.
Alternativa lembra que é responsabilidade da Administración local garantir o principio de publicidade e promoción da transparencia activa. Proporcionar temen ese canle de participación activa da veciñanza.
“ O acceso aos plenos é unha ferramenta básica de participación cidadá e rendición de contas. As veciñas e veciños teñen dereito a saber o que fai o goberno local e os grupos da oposición.” Defende Raúl Varela.