Alternativa insiste na reparación dunha marquesiña de uso escolar sen teito

WhatsApp Image 2023-04-14 at 10.06.54 (1) (1)

A marquesiña empregada a diario por escolares continúa rota un mes despois de que o goberno municipal se comprometera a reparala.

Raúl Varela, voceiro municipal de Alternativa dos Veciños de Cambre, solicitou a reparación desta marquesiña o pasado mes en comisións informativas, situada no Lugar da Rocha en Anceis. Posto que se atopa co teito totalmente roto.

A parada é un punto diario de recollida de escolares que non poden resgardarse nos días de mal tempo. Veciñanza que emprega a diario a marquesiña denunciou que a pesar de ter avisado ao Concello, non se puxo solución ao problema.

Novas relacionadas