Diseño sin título (16)

Alternativa insiste na necesidade dun Plan Xeral en Cambre

Alternativa dos Veciños de Cambre votou en contra ante as tres modificacións das normas subsidiarias levadas no día de onte a pleno, trasladando novamente que a prioridade para a veciñanza é un plan xeral, que ampare actuacións urbanísticas sen especulación nin irregularidades.

O goberno municipal na súa segunda lexislatura segue a botar balóns fora culpando a outras administracións de que non hai Plan Xeral, mentres gasta recursos municipais para recalificar terreos irregularmente, favorecendo a especulación e sen dar solucións reais ás problemáticas que viven a diario a veciñanza do Temple (tráfico, falta de aparcadoiro, servizos municipais xustos,…)

O goberno municipal aprobou tres modificacións provisionais, un aumento de edificabilidade na Costa da Tapia (terreos de Malasa). Unha zona comercial para a N-VI que repercutirá negativamente no tecido comercial do barrio, que é o motor económico da zona. E, enfronte do colexio Portofaro, dará lugar a unha modificación dun viario que daría saída ao tapón do Paraugas e Costa da Tapia.

É chamativo o voto en contra de todos os grupos da oposición, tan dispares en ideoloxías. Dende o goberno municipal non se deron moitas explicacións nin tampouco se abriron ao debate nos casos da N-VI e o Portofaro, o que deixa á luz á presa e moitas incógnitas no aire.

-O goberno local vende estas actuacións como o futuro de Cambre, pero que lle pregunten á veciñanza de San Lourenzo, Andeiro, Meixigo, Pravio ou Sigrás, por exemplo, si isto suporá un beneficio para eles? Mentres o Plan Xeral está no caixón…- cuestiona o Portavoz e Concelleiro de Alternativa dos Veciños de Cambre.

Novas relacionadas