RAUL_VARELA_CAMBRE copia_web

Alternativa dos Veciños insiste na necesidade de mellorar a oferta cultural e deportiva de Cambre

Alternativa dos Veciños pide o voto este 26 de maio para lograr representación coa cal asegurar unha mellora nas infraestruturas culturais e deportivas para o municipio de Cambre.

Cambre é un municipio con moitísimas oportunidades a nivel deportivo e cultural que non están a ser explotadas ao máximo por parte do actual Goberno. Desde Alternativa dos Veciños fomentaremos os espazos públicos para enriquecer a vida cultural de Cambre tales como locais sociais e centros de lecer para a xuventude. Tamén impulsaremos festivais de música, poesía, danza e artesanía. A nivel deportivo melloraremos as infraestruturas actuais para garantir unha oferta deportiva de calidade que as veciñas e veciños merecen.

Novas relacionadas