Alternativa insiste na mellora do servizo de recollida de lixo

O grupo municipal volve a reclamar maior control do servizo da recollida de lixo, xestionado polo Consorcio das Mariñas.

Dende Alternativa esíxese ao novo goberno municipal que tome medidas diante do malestar da veciñanza, que leva tempo padecendo as incidencias do servizo.  

As queixas  fan referencia tanto ás recollidas, que presentan descontrol en diferentes puntos do municipio, como ao estado de moitos colectores.

“A desatención é evidente: aínda hai contedores que continúan boca abaixo dende o cambio feito xa fai meses”.Afirma Raúl Varela, voceiro de Alternativa en Cambre.

Comparte esta nova!