Alternativa insiste na inseguridade viaria do túnel de San Paio

A Deputación anunciou a través dunha visita visita institucional do presidente o estudo da posible implantación de semáforos como solución para mellorar a seguridade peonil no túnel da autoestrada en San Paio.

Meses despois dese encontro, o Concello de Bergondo non conta con ningunha novidade sobre avances neste asunto.

Alternativa lembra que o estudo da posibilidade da implantación dun paso regulado con semáforo polo devandito túnel non require especiais recursos e a súa resolución permitiría o paso seguro dos peóns, ao quedar só un carril de circulación e un paso seguro para viandantes ou ciclistas.

O grupo sinala que celebra moi positivamente os avances anunciados na situación de “Villa Julia” por parte da Deputación Provincial, pero isto non debe ocultar o tremendo perigo e inseguridade viaria existente no túnel da autoestrada.

Comparte esta nova!