Alternativa de Cambre insiste na demanda de melloras para as marquesiñas dos autobuses
Veciños e veciñas de Cambre continúan a achegar queixas polo estado dalgunhas das marquesiñas de transporte público. Alternativa xa o demandou no pleno do mes de xaneiro pero a situación continúa a ser a mesma. Polo que novamente Alternativa volve a esixir atención para as paradas de autobús.
O goberno municipal comprometeuse no mes de xaneiro a realizar unha revisión e mellorar as marquesiñas de titularidade municipal, así como solicitar as Administracións correspondentes os mantementos para aquelas de titularidade non municipal.
A situación continúa a ser de escaseza de mantemento, falta de limpeza e sen solucións aos ataques vandálicos con pintadas.
Ante a parálise do goberno para cumprir o seu compromiso, Alternativa de Cambre volve a esixir traballos de mantemento e revisión para as marquesiñas.