Alternativa insiste en Cambre na defensa do interese xeral, fronte a partidismos e intereses particulares

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa insiste en Cambre na defensa do interese xeral, fronte a partidismos e intereses particulares

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]Alternativa dos Veciños celebrou un acto público esta tarde no Campo da feira de Cambre para presentar o seu programa electoral no municipio. O partido da margarita aspira a entrar na corporación municipal para loitar por mellorar os servizos e a vida cultural, social e deportiva do Concello.

Entre outras cousas, o candidato Raúl Varela falou da importancia de extender os servizos públicos básicos a todos aqueles núcleos do concello que carecen deles na actualidade. “Imos traballar arreo para que os servizos de auga e alcantarillado cheguen a todas as localidades. Tamén queremos facer un esforzo grande en crear beirarrúas, para mellorar a seguridade viaria”, comentou.

Varela tamén explicou que Cambre precisa dun impulso nas políticas culturais, sociais e deportivas. “Imos estar xunto ás nosas entidades para apoialas en todo o que poidamos. Tamén é preciso ampliar a oferta de actividades, queremos darlle máis vida ao noso municipio”, explicou.

Pola súa parte, o presidente de Alternativa, Ángel García Seoane, falou da importancia de que todos os concellos da comarca conten cun Plan de urbanismo para evitar recalificacións de solo como a que se pretende realizar no Seixal, que vulnera a Lei do solo 2/2016 do 10 de febreiro da Xunta de Galicia e que supón que o terreo pasará de valer 426.248 euros a 13.156.000 euros. “Tampouco se poden permitir actuacións como a do Goberno de Cambre coa vía Ártabra. Unha estrada que vai dar servizo a milleiros de cidadáns, que vai vertebrar a comunicación interna do municipio, desde A Gándara ata A Rocha, e á que se están opoñendo tan só por intereses particulares de determinadas persoas vencelladas ao Goberno local. Por iso queremos ter presenza en Cambre e en todos os municipios da comarca, para acabar con estas políticas que tanto dano fan ao noso país”, explicou García Seoane.[/vc_column_text][vc_images_carousel images=”27930,27931,27932,27933,27934,27935,27936,27937,27938,27939,27940″ img_size=”large” onclick=”link_no” autoplay=”yes” hide_pagination_control=”yes” wrap=”yes”][/vc_column][/vc_row][vc_row][vc_column][vc_column_text]PROGRAMA ELECTORAL DE ALTERNATIVA DOS VECIÑOS CAMBRE[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!