Alternativa insiste en atender ás denuncias veciñais en Rumbo

O grupo municipal Alternativa insistiu en poñer o foco nas queixas da veciñanza de Rumbo, denunciando a presencia case continua de verteduras fóra dos colectores de lixo.

Alternativa elevou o tema ao pleno para afianzar os compromisos anunciados polo Concello en diferentes medios de comunicación sobre o aumento da vixiancia.

Tal como indicou Thais Palla, voceira do grupo, “seguiremos de preto o avance das medidas propostas polo goberno municipal, como o reforzo da vixiancia na zona e mesmo a posible instalación de cámaras para permitan estudar a autoría dos feitos”.

Comparte esta nova!