Alternativa súmase á iniciativa que denuncia a falta de pediatras e matronas en Galicia
Alternativa dos Veciños sumouse á iniciativa ‘PediatrasXa MatronasXa’, creada en protesta pola falta de pediatras e matronas en Galicia. Os devastadores recortes en pediatría e matronería impostos pola Xunta de Galicia están a erosionar o dereito fundamental dos nenos e das embarazadas a recibir unha sanidade pública e de calidade.
Para mañá 20 de novembro, con motivo do Día Universal da Infancia, a plataforma ten convocada unha protesta en liña que consiste na publicación dunha fotografía nas redes sociais en branco e negro cos brazos en cruz ou a imaxe da campaña ás 12:00 horas, empregando os hashtag #pediatrasXa #matronasXa. Alternativa dos Veciños anima a participar nesta iniciativa a todos os cidadáns comprometidos coa defensa da sanidade pública.