[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
Alternativa inicia o proceso asembleario aberto para elixir as persoas da candidatura de Oleiros
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
O vindeiro venres 4 de novembro, ás 20 horas, celébrase na Casa do pobo de Dexo a primeira das 8 asembleas abertas nas que os veciños e veciñas de cada localidade escollerán ás persoas que formarán a candidatura de Alternativa dos Veciños en Oleiros nas próximas eleccións municipais. É un proceso totalmente democrático e aberto á participación de todos os veciños e veciñas.
Para continuar garantindo unha participación real e efectiva de todos os veciños na política, volverase empregar o singular método de selección de candidatos de Alternativa. Así pois, serán os veciños que libremente acudan ás asembleas os que terán na súa man a elección das 24 persoas que formarán a lista electoral.
Con anterioridade ás asembleas, as distintas comisións de seguimento que hai en todas as localidades de Oleiros, que participan activamente na vida política municipal propoñendo e trasladando demandas veciñais, estanse a reunir para buscar e realizar unha proposta de persoas candidatas que se presentarán en cada respectiva asemblea. En calquera caso, serán os veciños e veciñas que participen en cada asemblea os que terán a potestade de elixir os candidatos mediante voto secreto.
O obxectivo é consolidar o actual proxecto político en Oleiros, acadar a excelencia na prestación de servizos públicos e alonxar da Casa do Concello a todos aqueles que utilizan a política como método de lucro persoal. Alternativa dos Veciños quere seguir a construír un Oleiros social, sostible, cheo de vida, humano, que progresa e que ten futuro.
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]