Alternativa impulsa novas instalacións deportivas para Tarrio

Alternativa solicitou no pasado pleno a incorporación para os orzamentos deste ano a proposta de instalar pistas deportivas no parque da festa de Tarrio.

Alternativa recolleu a proposta da veciñanza da zona que se queixaba de ser a única parroquia sen instalacións deportivas actualizadas.

O goberno municipal se comprometeu a estudar a proposta para incluíla nos orzamentos deste ano.

Dende o grupo tamén incidiron en mellorar a pequena pista anexa á Igrexa e reclamaron avances nos trámites para a Polideportiva de Tarrio.

Comparte esta nova!