Alternativa impulsa a renovación dos parques infantís

A iniciativa impulsada por Alternativa dos Veciños saíu adiante co apoio de todas as forzas políticas e permitirá elaborar un inventario que sirva de base para a realización dun plan de auditoría e renovación integral das áreas infantís do Concello.

O obxectivo da proposta é que os parques infantís do municipio cumpran cos estándares actuais de inclusión, seguridade e accesibilidade, correxindo o desequilibrio entre os parques infantís das diferentes parroquias e afontando a obsolescencia de parte das instalacións.

Desde Alternativa destacan que esta revisión gobal permitirá unha planificación global e ordenada que facilitará a toma de decisións en función ás necesidades reais de cada zona e do estado de conservación de cada espazo.

O grupo puxo en valor a importancia dos parques infantís non só como espazos de xogo, senón tamén como puntos de encontro, convivencia e socialización no municipio.

Con esta proposta, Alternativa continúa na súa liña de impulsar iniciativas orientadas á mellora e posta en valor dos espazos públicos, coa finalidade de que a veciñanza dispoña de infraestruturas útiles, seguras e adaptadas ás diferentes necesidades actuais.

Comparte esta nova!