Alternativa impulsa a recuperación e dinamización do parque das Gamelas

Alternativa trasladou ao pleno municipal a situación de abandono do parque das Gamelas e reclamou medidas para mellorar o seu mantemento e potenciar o seu uso por parte da veciñanza.

A demanda de Alternativa acadou o compromiso do goberno local para a súa limpeza e dinamización lo espazo, recoñecendo a situación.

Este parque se trata do único espazo público con zona de merendeiro, pero a falta de conservación e limpeza limita o seu aproveitamento.

Alternativa considera que esta situación é consecuencia da falta de compromiso político, lembrando que o anterior goberno chegou a cualificar As Gamelas como “un dos despropósitos do Concello”, unha valoración que non pode seguir condicionando a actuación municipal.

Comparte esta nova!