Alternativa impulsa a prestación continua do servizo de bombeiros do consorcio provincial de Pontevedra

O grupo demandou diferentes medidas para garantir a apertura permanente e operativa de todos os parques de bombeiros da provincia.

Os acordos da proposta incluían tamén a dotación de persoal e os cambios estructurais para que os tempos de resposta nas emerxencias sexan equilibrados en toda a provincia.

O grupo denunciu a falta de coordinación do servizo, sinalando que o Consorcio non informa previamente, nin inmediata nin transparentemente aos concellos afectados con peches ou outras incidencias. Polo que se esixiu unha maior transparencia para poder adoptar medidas preventivas, activar recursos complementarios ou valorar adecuadamente os riscos para a súa poboación.

Tamén se solicitou informes: un por parte dos servizos xurídicos e técnicos municipais co fín de valorar a adecuación da situación actual á normativa vixente en materia de emerxencias, protección civil e seguridade pública. E, por outro bando, reclamar a elaboración dun informe sobre os peches parciais ou totais de parques de bombeiros producidos nos últimos 3 anos.

Comparte esta nova!