[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
Alternativa está a favor da Mancomunidade, pero en contra da proposta de estatutos
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
Os 27 concelleiros e concelleiras de Alternativa dos Veciños votaron en contra dos estatutos provisionais da Mancomunidade das Mariñas porque propoñen un reparto inxusto da representación e das achegas económicas de cada municipio e porque tampouco se aclara o proceso de liquidación do Consorcio das Mariñas. Alternativa si está a favor da creación dunha mancomunidade, sempre e cando naza segura, sen eivas, non condenada antes do seu nacemento por arrastrar problemas do pasado.
Para Alternativa o máis importante é a tramitación da liquidación ou disolución do Consorcio das Mariñas, ao mesmo tempo que se fan as xestións para a creación da Mancomunidade. Dous aspectos que deben camiñar en paralelo xa que sen a disolución do primeiro non pode nacer a segunda.
Pola Intervención do Concello de Oleiros, examinada a auditoría realizada no ano 2017, ponse de manifesto que do persoal que ten o Consorcio, a maioría se atopa nunha situación irregular. Que vai pasar con ese persoal? Cal vai seguir na Mancomunidade? Vaise subrogar? En que condicións? Vaise pasar en bloque á Mancomunidade? A Mancomunidade vai herdar esa situación e, no seu caso, terá que indemnizar ao persoal? Que vai pasar cos convenios e contratos? Como se fará a sucesión deses contratos? Son subrogables? Como se pasarán os activos e os pasivos? Hai que depurar e comprobar moi polo miúdo todos estes aspectos antes de dar o paso, xa que cada concello terá que ter moi claro que obrigas asume.
Alternativa tamén reclama que a representatividade nos órganos de goberno da Mancomunidade sexa proporcional aritmeticamente á poboación de cada un dos concellos. A razón é de xustiza, xa que este é o criterio que se ten en conta para determinar as obrigas económicas e achegas que lle corresponderán a cada un dos concellos. En ningún momento se valorou pola Comisión Xestora a posibilidade de establecer un criterio diferente para as achegas a realizar: a igual representación, igual aportación.
Alternativa dos Veciños, coa fin de simplificar o sistema de reparto dos votos, propuxo que se estableceran tramos de 5.000 en 5.000 habitantes. Deste xeito, un sistema aritmético puro, sería moito máis xusto e equitativo. Pois ben, o que se aprobou no pleno de onte é un sistema sen sentido e inxusto, dado que se trata dunha mestura de tramos de poboación, número de concelleiros/as e medias que complican a fórmula dun xeito extraordinario (nun caso suman 1 voto, noutro ata 6 ).
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]