[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
Alternativa explica o seu programa para Carral ante máis de 500 persoas
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
Máis de 500 veciñas e veciños de Carral participaron no mitin celebrado este venres no Campo da feira. O acto serviu para presentar a lista e explicar o programa electoral de Alternativa dos Veciños para o municipio.
Durante a súa intervención, o candidato Javier Gestal destacou que despois de 26 anos de servizo público como funcionario do Concello quere seguir servindo aos veciños desde a alcaldía. “Quero que Carral cambie, que o Concello funcione, que haxa futuro, que a xestión municipal sexa outra, por iso din o paso de presentarme”, explicou.
Entre outras asuntos, fixo especial fincapé na necesidade de dotar a Carral dun Plan Xeral de urbanismo, para conseguir que exista orde e seguridade xurídica nos futuros desenvolvementos. “Os veciños teñen que saber o que poden e o que non pode facer nas súas propiedades… En San Vicente levan máis de 20 anos cun programa de parcelación que non está resolto a día de hoxe, e temos que acabar con estas cousas”, dixo.
Javier Gestal tamén explicou que pretenden facer un grande esforzo nas políticas de benestar dirixidas ás persoas maiores. “Imos prestar especial atención aos nosos maiores. Queremos poñer en marcha un programa de atención nos domicilios de calidade, con comida para as persoas que o necesiten. Tamén pretendemos promover programas de actividades para facerlles a vida máis agradable”, comentou.
Pola súa parte, o presidente do partido da margarita, Ángel García Seoane, destacou a valía e a honradez do candidato e das persoas que o acompañan na lista. “É unha candidatura para gobernar este concello, para lograr que Carral teña un futuro próspero”, dixo.
Os próximos encontros de Alternativa dos Veciños coa veciñanza de Carral serán:
• Sábado 18 de maio: ás 19:30 no Local Social A Cabra
• Sábado 18 de maio: ás 21:30 no Local Social O Canedo
• Domingo 19 de maio: ás 12:30 no Local Social de Cañás
• Domingo 19 de maio: ás 20:00 no Local Social de Sergude
[/vc_column_text][vc_raw_html]JTNDaWZyYW1lJTIwc3JjJTNEJTIyaHR0cHMlM0ElMkYlMkZ3d3cuZmFjZWJvb2suY29tJTJGcGx1Z2lucyUyRnBvc3QucGhwJTNGaHJlZiUzRGh0dHBzJTI1M0ElMjUyRiUyNTJGd3d3LmZhY2Vib29rLmNvbSUyNTJGbWVkaWElMjUyRnNldCUyNTJGJTI1M0ZzZXQlMjUzRGEuMTU0NzI5OTU0NTQwNjQ3OSUyNTI2dHlwZSUyNTNEMyUyNndpZHRoJTNENTAwJTIyJTIwd2lkdGglM0QlMjI1MDAlMjIlMjBoZWlnaHQlM0QlMjI2ODglMjIlMjBzdHlsZSUzRCUyMmJvcmRlciUzQW5vbmUlM0JvdmVyZmxvdyUzQWhpZGRlbiUyMiUyMHNjcm9sbGluZyUzRCUyMm5vJTIyJTIwZnJhbWVib3JkZXIlM0QlMjIwJTIyJTIwYWxsb3dUcmFuc3BhcmVuY3klM0QlMjJ0cnVlJTIyJTIwYWxsb3clM0QlMjJlbmNyeXB0ZWQtbWVkaWElMjIlM0UlM0MlMkZpZnJhbWUlM0U=[/vc_raw_html][/vc_column][/vc_row][vc_row][vc_column][vc_column_text]PROGRAMA ELECTORAL DE ALTERNATIVA DOS VECIÑOS CARRAL[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]