Alternativa reclama a reparación inmediata da estrada da Estación, unha das principais vías de acceso á vila, que presenta fochancas en varios puntos, especialmente na contorna da Oficina Municipal de Información Xuvenil e da antiga estación de tren.
O grupo considera que o goberno municipal debe trasladar e demandar insistentemente ás administracións competentes os mantementos e reparacións das vías.
Os problema derivados da contratación para o mantemento e reparación das vías municipais continúa nun limbo administrativo e político. Por iso é de imperativo insistir para que o resto das vías se atopen nunhas condicións óptimas. Xa que un mantemento axeitado do viario municipal é fundamental para garantir a seguridade viaria e facilitar un tránsito fluído de vehículos en todo a municipio.
A alcaldesa, Diana Piñeiro, anunciou que na próxima semana serán reparadas as fochancas da estrada. Alternativa, pola súa banda, comprométese a seguir o avance e realización da obra.