parque Anceis 700x400

Alternativa esixe o mantemento do espazo municipal finca de Coto

A finca de Coto ou Concheiras atopase nun estado de abandono total. Situada en Anceis trátase dun dos poucos espazos recreativos ao aire libre que a veciñanza de Cambre ten para o seu desfrute.

O estado da finca e o merendeiro é de total abandono, os bancos, mesas ou a grella case non se ven pola altura das malas herbas, non hai nin un contedor de lixo, tampouco sinalización de como chegar. Na actualidade nin dende a páxina web do Concello se atopa información da súa existencia.

Alternativa dos Veciños esixe que se repare este espazo e se promocione para que a veciñanza poida desfrutar do mesmo en boas condicións.

Novas relacionadas