Alternativa esixe melloras para a recollida de lixo

O grupo municipal presentou unha reclamación ao Consorcio das Mariñas esixindo que se cumprar as demandas feitas polo grupo durante o seu mandato.

Alternativa insta ao goberno municipal a que tomen as medidas pertinentes para traballar pola mellora do servizo de recollida de lixo.

A través da reclamación esixironse demandas solicitadas pola veciñanza:

  • A instalación de contedores de recollida de aceite en todas as parroquias.
  • A eliminación dos contedores soterrados na zona Campo da Feira Paleo e a creación dunha zona illa con contedores de superficie, nunha localización consensuada co Concello e que cause o menor prexuízo posible á veciñanza.
  • Instalación de amarres e bases de cemento nos contedores para evitar desprazamentos e incidentes.
  • O incremento do servizo de limpeza dos contedores mellorando as condicións de hixiene e salubridade.
  • Máior frecuencia na recollida do lixo semanalmente en todas as parroquias, así como tamén nos períodos estivais e durante as festas parroquiais .
  • A substitución ou arranxo dos contedores de pedal na parroquia de Paleo.

Dende Alternativa dos Veciños de Carral lembran que “seguimos traballando para acadar servizos públicos máis eficientes, seguros e de calidade, sempre ao carón da veciñanza.”

Comparte esta nova!