Alternativa de Cambre esixe a limpeza de beirarrúas en Sigrás
Alternativa solicitou ao Concello que demande a limpeza das beirarrúas da estrada provincial DP 1702 que vai dende a estrada da estación e dan acceso aos Campóns, unha das principais vías de acceso á vila.
A maleza está a invadir, deteriorando así o firme destas beirarrúas. Sendo empregada a diario por moitos viandantes xa que dá acceso ao instituto de educación secundaria David Buján. Tamén é unha das entradas principais da vila.
“Sempre somos desde a oposición quen temos que poñer o punto de atención no descoido dos traballos, neste caso un descoido na limpeza está a afectar na cimentación destas beirarrúas. E lamentablemente este non é un caso illado, senón algo común a todo o municipio, como se ven amosando nas diferentes denuncias de Alternativa”, expón Raúl Varela, voceiro do grupo en Cambre.