Alternativa esixe garantías para o desenvolvemento dos plenos
A incompetencia do goberno municipal queda de novo á luz coa sesión plenaria de xaneiro, celebrada o pasado xoves de xeito telemático, caracterizada por un desenvolvemento precario, que impediron o normal funcionamento do órgano provocando a convocatoria dun pleno extraordinario o luns 1 de febreiro, cos custes que supón.
A pesar de rematar a medianoite, deixáronse no tinteiro tres asuntos da orde do día, mocións, rogos e preguntas. Ademais de frear o debate nas recalificacións de terreos que se pretenden no Temple.
A isto súmase un desenvolvemento da sesión extremadamente lento, atropelado e con constantes interrupcións, así como cortes continuados para á veciñanza que seguiu a sesión dende os seus fogares.
Unha vez máis amosouse unha completa falta de organización, por parte do goberno municipal, cando ás 19.20 horas informaron dunha proba 20 minutos despois, a cal non se chegou a realizar. Iniciando directamente o pleno fora de hora e sen que os membros da corporación coñeceran como se desenvolvería a sesión.
Alternativa de Cambre non pode tolerar tal desorganización, o goberno municipal ten que garantir o correcto desenvolvemento do pleno, sexa como sexa (e coa seguridade pertinente). Xa que esta incompetencia ten uns custes para as arcas municipais.