Pistas Vilarrodís

Alternativa esixe ao equipo de goberno reparacións nas pistas deportivas de Vilarrodís

Alternativa dos Veciños de Arteixo solicita ao equipo de goberno a realización de melloras nas pistas deportivas de Vilarrodís, xa que presentan varios danos que dificultan a práctica deportiva.

As pistas deportivas de Vilarrodís necesitan con urxencia de mantemento correctivo. As redes de protección que bordean as pistas atópanse nun estado lamentable, a rede das porterías rotas, algún dos bancos de madeira que están situados no acceso ás pistas están esnaquizados, as ramas das árbores que están á beira das pistas xa se introducen dentro das mesmas.

Por isto, Alternativa dos Veciños esixe a execución das reparacións pertinentes, e que logo, sexan realizados os diferentes mantementos cando corresponda para conservalas en condicións óptimas.

Novas relacionadas