O grupo leva o asunto ao pleno despoís de que o Consorcio puxese a disposición dos concellos o novo prego do servizo, aberto á incorporación de modificacións e propostas de mellora.
O grupo sinala que o obxectivo é coñecer se as demandas trasladadas pola veciñanza foron recollidas, así como identificar que novas medidas previstas para correxir as problemáticas actuais do servizo.
A licitación permitirá actualizar o servizo cunha inversión de 16.369.204,10 euros do conxunto do Consorcio. Dos cales 8,24 millóns serán destinados á recollida e case 6,95 euros ao tratamento e eliminación dos residuos.
Dende o grupo subliñan que un cambio deste alcance debe de ir acompañdo de información para a veciñanza, ao tratarse dun servizo esencial que implica unha importante mobilización de recursos públicos.