No pasado Pleno Ordinario do 29 de maio, Alternativa dos Veciños foi a única forza política que defendeu con claridade a prioridade absoluta deste concello: a seguridade das nosas crianzas e o benestar da veciñanza da Pedreira.
A pesar da importancia do punto sobre a cesión de terreos na zona da Rúa, o goberno de Cangas (BNG-PSOE-IU) presentou unha “memoria futurible” e partidista que provocou o bloqueo do Partido Popular e o consecuente rexeitamento dunha infraestrutura vital para a seguridade escolar.
A voceira de Alternativa, Victoria Portas, tivo que poñer luz nun debate no que goberno e PP se centraron en siglas e confrontacións baleiras. Portas explicou que o que se estaba votando era algo tan básico e urxente como garantir que a totalidade do aparcadoiro sexa municipal para “evitar meter todo o tráfico por diante do colexio, protexendo así aos nosos nenos e nenas cada mañá”.
Dende Alternativa denunciamos que o goberno presentou un expediente cunha memoria que non reflicte a realidade actual . Esa memoria partidista deulle a escusa perfecta ao Partido Popular para votar en contra, demostrando a irresponsabilidade de ambas bandas.
Alternativa dos Veciños non vai permitir que se perda esta oportunidade por intereses electoralistas. Por iso, solicitamos formalmente ao goberno municipal:
- A modificación inmediata da memoria do expediente: Debe eliminarse a narrativa partidista e centrarse no obxectivo social e técnico: a seguridade viaria do colexio e o acceso a futura Infraestructura Sanitaria.
- A volta inmediata a Pleno: Unha vez subsanados estes erros, o goberno debe levar de novo a proposta para acadar un consenso real que non deixe tirados aos usuarios do centro de ensino e aos veciños da Pedreira.
“Cangas non é o rin de ningunha pelexa eleitoral, é o lugar donde a veciñanza quere vivir pero cos recursos básicos de calquer concello “
Alternativa dos Veciños: Feitos, non contos. 🌼 Somos o teu equipo.