SADA_CANIDATURA_WEB_700_400

Alternativa dos Veciños enxalza a importancia de políticas activas de emprego en Sada

Alternativa dos Veciños anuncia medidas concretas para paliar os efectos do desemprego a nivel municipal.

En Sada o pequeno comercio está a sufrir e é fundamental potencialo dende o local a través do fomento do consumo de proximidade. Tamén é necesario crear máis obradoiros de inserción laboral para outorgar un maior e mellor nivel de formación. Crear espazos comúns para o fomento do emprendemento, falando co resto de administracións e presentando solicitudes para os programas de fomento do emprego tales como o PEL da Deputación da Coruña.

Neste sentido hai que poñer especial énfase na xuventude. Reforzaremos a Oficina Municipal de Información Xuvenil para que as nosas rapazas e rapaces teñan asegurada a asistencia á hora de procurar un emprego.

Novas relacionadas