[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
Alternativa envía unha carta informativa a toda as vivendas de Arteixo
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
Alternativa dos Veciños de Arteixo está a dirixirse estes días por carta a todos os veciños e veciñas de Arteixo para informalos do traballo realizado ao longo deste ano 2020.
“Tendo en conta que xa non formamos parte da corporación municipal, temos máis dificultades para chegar á cidadanía e que esta se decate de todo o traballo que estamos a realizar en beneficio de Arteixo e da veciñanza. É por iso, decidimos enviar unha carta informativa a todas as vivendas do municipio, xa que a cidadanía debe estar ao tanto da vida municipal e, tamén debe saber quen traballa e defende os seus interese e quen fai o contrario. Tamén, aproveitamos esta notificación postal para desexar unhas boas festas de nadal neste ano atípico e complexo para todos e todas” apunta Noelia Martínez, Portavoz de Alternativa en Arteixo.
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]