Alternativa en Carral responde ás publicacións do Partido Popular

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa en Carral responde ás publicacións do Partido Popular

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

O Partido Popular da por finalizado o caso das beirarrúas, pero non debería facelo ata que este auto do xulgado non sexa firme, xa que o auto foi recorrido en reforma e apelación.

Non é certo que o Xulgado arquivase o expediente, ditouse un auto de sobresemento do expediente. Tampouco é certo que o Concello gastase 18.000€ para acusar ó Sr. Mouriño de un posible caso de delito. O Concello notificou ó Ministerio Fiscal a existencia duns feitos que lle parecía irregulares e foi o mesmo Ministerio Fiscal quen iniciou a acusación, tras isto, o Concello decidiu presentarse no procedemento para defender os intereses de Carral e tivo que contratar un avogado, figura que non existe entre os traballadores do Concello para esa finalidade, e non foron 18.000 euros senón que foron 700 euros.

Ao Señor Mouriño 700 euros de gasto, en algo que vemos que é unha irregularidade, fáiselle moito. Pero non se lle debe facer moito os 3 millóns de euros de débeda con Facenda que o seu goberno deixou en Carral, os 117.000 euros con Varinca, 240.000 euros con Sagova, 200.000 euros co Consorcio das Mariñas, 60.000 euros por un despido improcedente a unha embarazada, un móbil e portátil valorados en máis de mil euros.

Mouriño acusa ó Alcalde de actuar baixo as ordes do seu partido, pero o Alcalde actúa como Equipo de Goberno, xa que o PSOE facilitou a documentación do procedemento anterior para completar o escrito ante a Fiscalía. Quedando claro que é unha decisión que comparten e aplauden ambos partidos do Equipo de Goberno.

Dende Alternativa queremos recordar que só queriamos facer unha beirarrúa para que o acceso ao Instituto fose seguro, ao tratar este proxecto decatámonos que estas beirarrúas xa foron pagadas. Quen queira pode ir alí e comprobar que as beirarrúas de 3 metros (1,5 metros a cada lado) son en realidade 85 centímetros, que só se instalaron a metade dos farois e o vial non mide 5 metros.

Creemos que o Partido Popular está a crear unha cortina de fume para que non se fale do que é importante. O Señor Mouriño ten que dar unha información detallada das causas de non realizar dita obra, do motivo polo cal non se comunicou ó Estado (quen aportou os cartos para a obra) dos cambios no proxecto e a causa pola que se contratou a un técnico externo para recibir a obra, cando existía un técnico entre os traballadores do Concello.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!