d

Alternativa en Carral quere achegarse máis á opinión do pobo

Alternativa dos Veciños de Carral quere chegar a escoitar a todos os veciños e veciñas do municipio.

Para Alternativa dos Veciños non hai nada máis importante que escoitar ó pobo e coñecer as súas opinións, inquedanzas e responder a todas as súas preguntas. Pero isto foi interrompido coa chegada da Covid 19, que impediu que o grupo puidese seguir coas súas visitas ás parroquias.

Agora poñen en marcha de xeito telemática, unha caixa de correo de suxestións onde o grupo levará a coñecemento dos seus 5 membros dentro do Equipo de Goberno, todas aquelas cuestións, relacionadas coas súas concellerías, que o pobo lle faga saber.

Novas relacionadas