Alternativa en Carral oponse á supresión da liña de bus Vila de Cruces – A Coruña

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa en Carral oponse á supresión da liña de bus Vila de Cruces – A Coruña.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Estas supresións de transporte só levan a que a xente do rural teña máis dificultades.

Esta liña, que vai dende Vila de Cruces ata A Coruña, pasa por Mesía, As Travesas, Montouto, Figueroa, Sarandóns, Carral e Tabeaio. É imprescindible para Carral, xa que por un lado é o única liña que une Carral con As Travesas e por outro porque é o que permite aos peregrinos do Camiño Inglés visitar A Coruña.

Esta liña, que levaba operativa desde 1960, permitía que a xente dos citados núcleos, se achegasen a Carral para ir ao médico, colexio ou facer as compras.

O Concello de Carral xa remitiu un escrito á Xefatura Territorial de Mobilidade da Xunta de Galicia solicitándolle que manteña a liña de autobús, e que a pesar de presentar alegacións contra a súa supresión, finalmente non se incluíu no Plan de Mobilidade.

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!