auga

Alternativa dos Veciños demanda a Emalcsa o depósito de auga para Oleiros e Cambre

Os concellos de Cambre e Oleiros acordaron con Emalcsa, hai máis de 3 anos, unha mellora da subministración de auga nos dous municipios mediante a construción dun novo depósito de auga en Nós. En outubro de 2017, o Concello de Oleiros cedeu o solo necesario para situar esta instalación en Sarro, pero Emalcsa aínda non contratou a obra.

Este novo depósito tería unha capacidade de 1.500 metros cúbicos e abastecería os veciños de Oleiros e Cambre. A infraestrutura resulta máis imprescindible no caso de Cambre ante a carencia dos depósitos de auga suficientes para garantir a subministración a toda a poboación. De feito, en outubro de 2018, ante unha rotura da rede xeral de abastecemento en Culleredo, foi o Concello de Oleiros o que abasteceu de auga a unha parte do Concello de Cambre para que a cidadanía non quedase sen servizo.

“Imos pedir reunión con Emalcsa e coa Xunta de Galicia para ver que pasa con esta obra. Aínda que o depósito vai estar instalado nun monte de Oleiros, trátase dunha infraestrutura de interese para os dous municipios”, dixo o alcalde Ángel García Seoane.

Novas relacionadas