Alternativa é positiva co orzamento “retrasado”

Este próximo mércores 12 será o pleno extraordinario para a aprobación do orzamento do ano 2026. Un expediente marcado polo seu gran retraso, pero necesario para o avance do Concello de Cambre.

Alternativa prioriza a importancia de dispoñer dun orzamento para estabilizar o funcionamento diario do Concello.

A pesar de que a súa entrada en vigor sería casi ao finalizar o ano permitiría, entre outras moitas cousas tres eixos que contribuirían a unha maior capacidade operativa para solucionar algúns das problemáticas actuais, entre outras:

– Á xestión dos gastos correntes con normalidade.

– A impulsar solucións para a problemática de persoal, xa que poderíase cubrir as prazas previstas, actualizar retribucións e planificar as necesidades reais nas distintas áreas de traballo.

– A garantir a financiación dalgúns dos servizos públicos que están en precario, como pode ser a limpeza viaria, recollida de residuos, mantemento de parques ou o alumeado.

– A aportar seguridade xurídica e mellor planificación económica.

Alternativa non impedirá a aprobación deste documento, como tampouco o fixo nos anteriores mandatos, “a pesar de non compartir todos os seus criterios, o orzamento é unha ferramenta para a estabilidade administrativa que tanto necesita Cambre e Alternativa non vai votar en contra disto.” sinalan dende o grupo.

Comparte esta nova!