Alternativa dos Veciños advirte sobre o transporte de lodos da depuradora

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa dos Veciños advirte sobre o transporte de lodos da depuradora

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]A Estación Depuradora de Augas Residuais comezou a funcionar no 2010 tras unha inversión de 128 millóns de euros aportados polo Estado (85%) e pola Xunta (15%). No 2013 convértese nunha empresa supramunicipal, EDAR de Bens SA, con implicación de cinco concellos (A Coruña, Oleiros, Arteixo, Cambre e Culleredo) no seu accionariado e xestión, para prestar servizo a máis de 400.000 habitantes e aos polígonos industriais da Área Metropolitana.

É unha depuradora biolóxica de lodos activos, con decantación primaria e secundaria lamelar, que elimina residuos líquidos mar adentro mediante un emisario submarino, e transporta en camións os residuos sólidos para o seu posterior tratamento fóra da comarca. Precisamente o tránsito destes camións é o que denuncia Alternativa, tras conversas coas asociacións veciñais de Visma, Bens e Os Rosales.

A pesar da importante inversión de partida e de que están feitos os desmontes, non foi rematada a conexión da EDAR coa estrada DP-3002 con saída por Bens, estrada que, por outra banda, se atopa en moi mal estado. O caso é que cada ano máis de 400 camións cargados de lodos residuais saen da depuradora en sentido contrario, atravesan o núcleo de San Pedro de Visma e rodean o Parque de Bens pola DP-3003, ou incluso circulan pola estrada dos Fortes, pasando preto de centros educativos e do populoso barrio dos Rosales, cara ao Pavo Real para saír pola Terceira Ronda. Como apunta Pedro Armas, candidato de Alternativa dos Veciños pola Coruña: “De pouco vale a propaganda institucional e empresarial, que incide nas boas prácticas de protección ambiental, se despois os coruñeses ven pasar polas inmediacións das súas casas vehículos pesados que, ademais do deterioro que provocan nas rúas, de ter un accidente, poderían xerar contaminación ambiental. Daqueles polvos estes lodos”.[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!