AF

Alternativa de Arteixo solicita ao Concello recuperar a normalidade no Feirón dos sábados

Alternativa dos Veciños de Arteixo solicita ao Goberno municipal que o Feirón recupere a normalidade e volva ao emprazamento orixinal. Co avance á Fase 3, os mercadiños xa se poderán desenvolver con normalidade cun 50% dos postos ou un aumento da superficie que permita que se respecten as distancias obrigatorias.

Alternativa dos Veciños propón recuperar a normalidade no Feirón con motivo de axudar aos comerciantes ambulantes. Para que todos os comerciantes que o desexen poidan colocar os seus postos e sexa posible respectar as distancias obrigatorias, pódese ampliar o mercadiño pola Rúa Baldomero González.

Novas relacionadas