RESULTADOS_MUNICIPAIS_ALTERNATIVA_2019

Alternativa dos Veciños aumenta a súa representación na comarca da Coruña

Alternativa dos Veciños consegue un gran triunfo nas eleccións municipais do 26 de maio ao superar os 20.000 votos na comarca e converterse na cuarta forza con máis concelleiros da provincia da Coruña. 

Alternativa dos Veciños conserva a maioría absoluta no Concello de Oleiros, onde rompe o seu teito de votos ata os 10.498. Así mesmo, entra con forza en concellos como Carral (onde é a forza máis votada) e en Sada e Cambre, onde será clave para a gobernabilidade. Tamén mantén os tres escanos de Culleredo e irrumpe en Arteixo e Bergondo con 1 e 2 escanos respectivamente. Na cidade da Coruña a candidatura encabezada por Pedro Armas obtivo 2.916 votos que non foron suficientes para acadar un concelleiro.

O outro gran titular está na Deputación da Coruña, onde Alternativa dos Veciños mantén un deputado que será chave para garantir a gobernabilidade ao non sumar maioría absoluta nin o PP nin un pacto entre PSOE e BNG.

Novas relacionadas