Alternativa dos Veciños sempre en defensa da Sanidade Pública

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa dos Veciños sempre en defensa da Sanidade Pública

[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]Alternativa dos Veciños defende unha sanidade pública, gratuíta, digna e de calidade para toda a veciñanza.

As carencias da sanidade pública eran palpables máis con esta crise sanitaria afirmámonos na importancia que ten gozarmos dun sistema sanitario forte, saudable e preparado.

Demandamos da Xunta de Galicia que cumpra coas directrices da OMS que impulsan a atención primaria como método de detección precoz de calquera enfermidade. Neste sentido requirimos a substitución inmediata de todo o persoal que estea de baixa ou se teña xubilado. Os profesionais sanitarios deben ter contratos dignos e Alternativa dos Veciños estará sempre aí para defendelo.

Desde Alternativa dos Veciños defendemos e defenderemos sempre unha sanidade pública, de calidade, gratuíta e digna para todas e todos. Neste sentido, non consentiremos que a cidadanía teña que chamar centos de veces para solicitar cita nin que nos diagnostiquen por teléfono. Non consentiremos que os nosos maiores fiquen agardando á intemperie ás portas dos centros de saúde sen seren atendidos de forma presencial nin que diagnostiquen aos nosos nenas e nenas por teléfono. Non consentiremos unha sanidade de telefonillo ás portas das urxencias na que teñamos que expor ao público as nosas doenzas e tampouco que que se aproveiten da escusa do COVID para arruiraren a SANIDADE PÚBLICA, A NOSA SANIDADE.

Respectar as normas sanitarias SI, consentir que aproveiten unha crise de emerxencia sanitaria para destruír a Sanidade Pública NON.[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!