sos

Alternativa dos Veciños secunda a manifestación en defensa da sanidade pública do domingo

A plataforma SOS Sanidade Pública ten convocada para este domingo unha manifestación en defensa do sistema sanitario público de Galicia. A marcha partirá ás 12:00 horas da Alameda de Santiago de Compostela e contará co apoio de Alternativa dos Veciños.

Os motivos desta convocatoria son múltiples: deterioración progresiva da atención primaria, desmantelamento e peche de servizos nos hospitais públicos, listas de agarda inaceptables, recortes, progresiva privatización que aumenta dada a insuficiencia asistencial da sanidade pública…

Alternativa dos Veciños vai apoiar e participar nesta convocatoria. Así mesmo, animamos a todos os cidadáns a que acudan a Compostela.

Novas relacionadas