ASEMBLEA_SADAweb

Alternativa dos Veciños Sada sinala a importancia de investir na educación da adolescencia

A candidata á alcaldía de Sada, María Nogareda, apunta á necesidade de organizar e xestionar un orzamento razoable no cal se promovan actividades para mellorar a calidade educativa.

Traballar no acceso gratuíto aos museos, aos cines. A organización de obradoiros educativos en colaboración cos centros e as familias. Son moitas as medidas que desde Alternativa dos Veciños propoñemos para mellorar a calidade educativa dos nosos adolescentes. “A infancia e a adolescencia son etapas fundamentais no desenvolvemento dunha persoa. Determinan o seu futuro como adultos”, sinala María Nogareda.

Para isto é fundamental traballar por uns orzamentos con partidas específicas que aseguren a organización de actividades e obradoiros municipais. O fomento da cultura, as charlas, a dinamización dos museos e o patrimonio municipal.

Novas relacionadas