ALTERNATIVA_CARRAL

Alternativa dos Veciños retomará o programa de parcelación de San Vicente

Alternativa dos Veciños Carral presenta polo municipio as súas propostas para a próxima lexislatura, entre as que destaca a aprobación do Plan Xeral.  

O caos urbanístico no municipio de Carral permite ao actual Goberno actuacións especulativas, con edificios a medio facer e impedindo o asentamento de novas familias. A nivel de urbanismo cómpre resolver o programa de parcelación en San Vicente, que leva máis de 20 anos paralizado e restrinxe a realización de calquera aproveitamento urbanístico na zona. A aprobación do Plan Xeral é unha das prioridades principais para garantir a seguridade xurídica no municipio.

Este mércores 15 de maio áo noso grupo presentará a candidatura ante a veciñanza no Local Social de Herves ás 21 horas

Novas relacionadas