[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]
O pleno da Deputación aproba a moción de Alternativa para restituír os semáforos no cruce de Sol y Mar
[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]O alcalde de Oleiros e deputado provincial, Ángel García Seoane, presentou unha moción na Deputación para restablecer os semáforos na intersección coñecida como Sol y Mar. A proposta foi aprobada no pleno celebrado esta mañá.
Debido ás obras realizadas na avenida Ernesto Che Guevara para instalar un colector de saneamento, elimináronse os semáforos da rúa do Areal para axilizar a circulación. Dado que estaba previsto que o Ministerio de Fomento abordara a continuación a obra de construción dun túnel e dunha rotonda neste cruce, decidiuse manter provisionalmente a situación.
Dous anos despois, e ante a inexistencia de noticias por parte do Ministerio de Fomento, é preciso recolocar os semáforos para non continuar prexudicando aos centos de condutores que para dirixirse cara os seus domicilios, teñen que ir dar volta ao outro lado da ponte da Pasaxe.[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]