O luns comeza o reparto dunha publicación informativa na Coruña
Alternativa dos Veciños vai iniciar mañá luns o reparto dunha publicación informativa que recolle os compromisos da candidatura que se presenta ás eleccións municipais no Concello da Coruña e que encabeza Pedro Armas. O reparto será na rúa, man a man, para ter contacto directos cos veciños e veciñas da cidade, e así poder escoitalos e explicar directamente o proxecto de Alternativa para a cidade.
Está previsto que as persoas que forman Alternativa dos Veciños na Coruña percorran diversas zonas da cidade durante os vindeiros días. O primeiro dos repartos será na rúa Barcelona e as súas proximidades.