Alternativa reparte o seu programa electoral da Coruña con música

[vc_row css=”.vc_custom_1525371096159{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]

Alternativa reparte o seu programa electoral da Coruña con música

[/vc_column_text][vc_raw_html]JTNDaWZyYW1lJTIwc3JjJTNEJTIyaHR0cHMlM0ElMkYlMkZ3d3cuZmFjZWJvb2suY29tJTJGcGx1Z2lucyUyRnZpZGVvLnBocCUzRmhyZWYlM0RodHRwcyUyNTNBJTI1MkYlMjUyRnd3dy5mYWNlYm9vay5jb20lMjUyRmFsdGVybmF0aXZhZG9zdmVjaW5vcyUyNTJGdmlkZW9zJTI1MkYyNjg1Nzk1MTcyNzQzNjclMjUyRiUyNnNob3dfdGV4dCUzRDAlMjZ3aWR0aCUzRDU2MCUyMiUyMHdpZHRoJTNEJTIyNTYwJTIyJTIwaGVpZ2h0JTNEJTIyMzE1JTIyJTIwc3R5bGUlM0QlMjJib3JkZXIlM0Fub25lJTNCb3ZlcmZsb3clM0FoaWRkZW4lMjIlMjBzY3JvbGxpbmclM0QlMjJubyUyMiUyMGZyYW1lYm9yZGVyJTNEJTIyMCUyMiUyMGFsbG93VHJhbnNwYXJlbmN5JTNEJTIydHJ1ZSUyMiUyMGFsbG93RnVsbFNjcmVlbiUzRCUyMnRydWUlMjIlM0UlM0MlMkZpZnJhbWUlM0U=[/vc_raw_html][/vc_column][/vc_row][vc_row css=”.vc_custom_1525371108663{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}”][vc_column][vc_column_text]O candidato de Alternativa dos Veciños no Concello da Coruña, Pedro Armas, e o presidente do partido, Ángel García Seoane, realizaron esta mañá un singular reparto de programas electorais cun organillo. Tocando pezas clásicas polas rúas do centro da Coruña, acompañados das persoas que forman o partido da margarita, fixeron entrega da publicación que recolle os compromisos de Alternativa coa cidade.

Alternativa dos Veciños preséntase na Coruña co obxectivo de conseguir representación na corporación para garantir a gobernabilidade da cidade en beneficio do interese xeral, sen permitir que os partidismos de PP e PSOE paralicen A Coruña outros 4 anos. Con Pedro Armas como candidato, Alternativa aspira a impedir a privatización dos terreos públicos do porto para que a cidadanía teña novos espazos verdes e de ocio, así como equipamentos públicos. Outro dos grandes retos é impulsar a Área Metropolitana, para acadar aquelas melloras a nivel de infraestruturas e servizos públicos que se atopan nunha situación precaria polo desgoberno e a desidia dos principais partidos políticos, como é o caso da ampliación de Alfonso Molina.[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row][vc_row][vc_column][vc_column_text]OS COMPROMISOS DE ALTERNATIVA DOS VECIÑOS NA CORUÑA[/vc_column_text][/vc_column][/vc_row]

Comparte esta nova!